Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 7.945

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2001 pola que se publica a composición da Comisión Permanente do Consello Galego das Persoas Maiores.

O Decreto 253/2000, do 5 de outubro, polo que se crea e regula o Consello Galego das Persoas Maiores, determina no seu artigo 9 que a Comisión Permanente do dito consello estará formada por vocais representantes de institucións e organizacións que teñen representación no Pleno do Consello, polo que, para a efectiva posta en funcionamento do citado órgano do consello, é necesario proceder á publicación dos seus membros.

Por outra banda, a selección dos representantes das asociacións de maiores e das federacións de centros residenciais de atención ás persoas maiores fíxose a través dun proceso electoral levado a cabo seguindo o previsto no artigo 9 do dito Decreto 253/2000, e do que xorden os seus vocais.

Por todo o anterior, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, segundo o artigo 2 do Decreto 253/2000 e en virtude do previsto na disposición derradeira primeira e, en uso das facultades que teño atribuidas

RESOLVO:

Artigo único.-Os vocais da Comisión Permanente do Consello Galego das Persoas Maiores serán as seguintes persoas:

a) Os catro en representación da Administración autonómica.

Manuel Conde Mouzo, subdirector xeral de Acción Social.

Arántzazu Montiel Íñiguez de Heredia, xefa do Servicio de Atención ás Persoas Maiores.

Así mesmo, para o período dos catro anos seguintes ó da data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, serán vocais da Comisión Permanente do Consello Galego das Persoas Maiores, durante os dous primeiros anos, o delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña e o delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense e, nos dous anos seguintes, os delegados provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo e Pontevedra.

Pasados estes catro anos, irán alternándose sucesivamente por períodos de dous anos os delegados anteriormente citados.

b) Os dous en representación das corporacións locais designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Enrique Fernández González.

José Antonio Santiso Miramontes.

c) Os catro en representación dos centros residenciais de atención ós maiores e dos fogares dos maiores que dependan da Administración autonómica:

Pola Coruña: Jesús Pena Fernández, do Fogar da Terceira Idade da Coruña.

Por Lugo: Mª Pilar Iglesias Osorio, do Fogar da Terceira Idade das Gándaras de Lugo.

Por Ourense: Agustín Félix Torres Soto, do Fogar da terceira idade de Ourense.

Por Pontevedra: Oswaldo Lino González Pereira, do Centro Social das Neves.

d) Os cinco en representación das asociacións de persoas maiores que foron elixidas por votación segundo o previsto no artigo 9 do Decreto 253/2000.

Mª Luisa Ansorena Hortega, Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña (UDP).

Bernardino Barreiro Castro, Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados de Lugo (UDP).

Ramón Cajide Montero, Anciáns do Mundo.

Francisca Capilla Atienza, Unión de Pensionistas e Xubilados de Vigo (UDP).

Manuel Pereira Sarria, Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados de Ourense (UDP).

e) En representación das federacións de centros residenciais de atención ás persoas maiores, elixida por e entre os seus vocais do Pleno do Consello Galego das Persoas Maiores.

Mª do Carme Santos Alfonso, Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social Acolle.

f) En representación dos consumidores e usuarios.

Juan Carlos Ulla Otero, presidente do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

g) En representación das organizacións sindicais máis representativas de Galicia a través das súas áreas sectoriais específicas para as persoas maiores.

Alfonso Iglesias Gómez, por Comisións Obreiras.

Víctor López Seijas, pola Unión Xeral de Traballadores.

Agustín Malvido Broullón, pola Confederación Intersindical Galega.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais