Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.940

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO.

De conformidade co previsto na base 3.3 do acordo do 5 de abril de 2001 (DOG nº 77, do 20 de abril), da Dirección da Escola, polo que se anuncia a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo de 11 prazas de persoal de servicios xerais (PSX), na FEGAS, anúnciase que a

primeira proba eliminatoria do dito proceso se realizará o vindeiro día 27 de xuño de 2001, ás 17.30 horas no Pazo de Congresos, sito en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela.

Os aspirantes admitidos ó dito proceso selectivo terán que ir provistos do documento nacional de identidade e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único, polo que quedarán excluídos do proceso os aspirantes que non comparezan.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Javier Bouzada Romero

Presidente da comisión de selección