Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Contratación por concurso e procedemento aberto do proxecto de iluminación: rede de sumidoiros, abastecemento e pavimentación no Cruceiro.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obxecto do contrato: obras de iluminación, rede de sumidoiros, abastecemento e pavimentación no Cruceiro, incluídos no proxecto do arquitecto Carlos Rosón Gasalla, mailas melloras que se poidan ofertar.

Prazo de execución: cinco meses.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Tipo de licitación: 27.714.021 pesetas.

Garantía provisional: 554.280 pesetas.

Garantía definitiva: o 4% da adxudicación, máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas.

Obtención de documentación: na secretaría xeral.

Información chamando ó Concello da Estrada, telf.: 981 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na oficina de plicas da secretaría xeral das 9 ás 13 horas.

Presentación de ofertas en tres sobres:

No sobre 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións.

No sobre 2, oferta económica adaptada ó modelo.

Sobre 3, melloras ó proxecto, en realización doutras obras.

Apertura, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros, publicados no BOP do 25-5-2001, remitiránselles por fax ós que o soliciten.

Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 29 de maio de 2001.

O alcalde

Rubricado