Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-3/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 25 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Fadesa Inmobiliaria, S.A., para a ordenación de volume na parcela 29-1 do polígono de Matogrande, coa seguinte condición:

Deberán presentar un novo documento no que se refunda o texto inicial co anexo presentado para a aprobación inicial, todo iso antes da aprobación definitiva do documento.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento polo prazo dun mes, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior circulación na provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de planeamento, sito na avenida da Marina, número 18, en horario laboral de 11.30 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 30 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo