Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2001 pola que se anuncia a apertura dunha convocatoria para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Ortigueira.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas para ocupación e utilización exclusiva de prazas de atraque nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Ortigueria, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona centro deste ente público, sita na avenida Alférez Provisional, 1-1º, 15006 A Coruña.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días, e iniciarase o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, na sede central deste ente público, no enderezo antes mencionado.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na devandita sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportuno relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente de Portos de Galicia