Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Serra Seca. (Expediente IN661A 01/2-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do parque eólico Serra Seca, coas seguintes características básicas:

Denominación: parque eólico Serra Seca.

Solicitante: Energías Ambientales Easa, S.A.

Enderezo: José Luis Bugallal Marchesi nº 10-1º esqu. 15008 A Coruña.

Situación: terreos situados nos concellos da Gudiña; Viana do Bolo; Vilariño de Conso e Castrelo do Val.

Delimitación, superficie e potencia:

As coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantanción son:

PuntoUTM-x UTM-y

1639000 4658500

2647000 4660500

3651000 4664000

4654000 4664000

5654000 4659000

6653000 4658000

7649000 4659000

8639000 4657000

Superficie afectada: 4.450 ha.

O parque eólico disporá dun conxunto de 39 aeroxeradores modelo Ecotecnia, de 1.250 kW de potencia unitaria, o que suma unha potencia bruta total de 48,75 mW.

Orzamento estimado: 5.777 millóns de pesetas.

Alegacións; solicitudes en competencia:

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 21 de maio de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense