Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. saída 8/240 da subestación Balaídos.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 720 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación Balaídos ata o apoio nº 1 da L.M.T.A. D/C Bal 7.06-7.08, no concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 25 de abril de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra