Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a realización de auditorías para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dunha asis

tencia técnica para a realización de auditorías para o Igape.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 16 92, Fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 4/2001.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para a realización de auditorías para o Igape, o que inclúe a realización das seguintes actividades:

1. Auditoría financeira do exercicio 2001.

2. Auditoría financeira do exercicio 2002.

Prazos de execución e vixencia: os prazos de execución serán os establecidos na oferta técnica do adxudicatario e, como máximo, serán os seguintes:

A auditoría financeira do exercicio 2001 terminarase dentro do primeiro trimestre do ano 2002 e a auditoría do exercicio 2002 terminará no primeiro trimestre do ano 2003. os traballos para a auditoría do ano 2001 comezarán no último trimestre do ano 2000 e os traballos para a auditoría do ano 2002 comezarán no último trimestre do ano 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo total de licitación: 5.500.000 pesetas (cinco millÓns cincocentas mil pesetas), IVE e gastos incluídos, segundo o detalle seguinte:

1. Auditoría financeira, exercicio 2001.

Orzamento total (en pesetas). 2.750.000.

Traballo:

2. Auditoría financeira, exercicio 2002.

Orzamento total (en pesetas): 2.750.000.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (110.000 ptas.).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 92.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo quinto día natu

ral seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciado ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12.30 horas do décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica