Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, das obras de reforma do centro de menores Casa Tutelar Jesús de Nazaret de Palavea (A Coruña).

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 15/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma do centro de menores Casa Tutelar Jesús de Nazaret en Palavea (A Coruña).

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 381.399.532 pesetas (2.292.257,35 euros).

Ano 2001: 110.000.000 de pesetas (661.113,31 euros).

Ano 2002: 271.399.532 pesetas (1.631.144,04 euros).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 4% importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copy Estudio.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19. Teléfono: 981 59 33 85.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Teléfono información: 981 54 46 80-54 46 52.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación, no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacio/resultado.asp?N =470.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: gupo C. Subgrupo todos. Categoría E.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

(ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude