Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Costas Otero, Ana María e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notifica

cións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 8 de maio de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

INTERESADOPROCEDEMENTO

COSTAS OTERO, ANA Mª

DNI: 36103347

AVDA ATLÁNTIDA 111-4º D

VIGO

IMPOSTO DE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS E ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS.

DEVOLUCIÓN 471/2000

LIQUIDACIÓN 600502546813

VILA DAVILA, JOSÉ VÍCTOR

DNI: 35999960

LG. SOBREIRA-VALADARES, 79

VIGO

IMPOSTO DE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS E ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS.

DEVOLUCIÓN 510/2000

LIQUIDACIÓN 980009141