Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra: dotación de servicios no polígono industrial de Camballón (Vila de Cruces).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da dita obra por importe de 55.216.000 pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo E, subgrupo 1, categoría b; grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 31 de mayo de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado