Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-18/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión do 20 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por LPF Investimentos, S.L., para reaxustar aliñacións e rasantes, e ordenación de volumes no POL-F7.01 (estudio de aparcadoiro 2-plano nº 07).

Segundo.-Eliminar do estudio de detalle os planos relativos a estudio aparcadoiro 1-plano nº 05.

Terceiro.-Proceder á exposición pública polo prazo dun mes a través de anuncio no DOG e periódico de maior circulación na provincia.

Cuarto.-Notificarlle á sociedade promotora e a Emalcsa».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Marina, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 2 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo