Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.658

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de inspectores de educación, profesores de ensino secundario, formación profesional, escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Resoltas as reclamacións e renuncias producidas á resolución provisional, e publicadas as vacantes definitivas por Orde do 25 de abril de 2001 (DOG do 16 de maio), e de conformidade co establecido na base decimoitava da orde desta consellería do 10 de outubro de 2000, pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de inspectores de educación, profesores de ensino secundario, formación profesional, escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño. Esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destino definitivo en virtude de concurso de traslados ós inspectores e profesores

que figuran nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Declarar en situación de expectativa de destino os profesores que se relacionan no anexo VIII.

Terceiro.-De conformidade co establecido na base vixésima primeira da Orde do 10 de outubro de 2000, a toma de posesión dos novos destinos adxudicados terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2001, polo que o cesamento se expedirá con efectividade do 31 de agosto de 2001.

Non obstante, os profesores que obtivesen destino neste concurso deberán permanecer nos seus centros de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Cuarto.-En virtude da Orde do 1 de marzo de 2001 (DOG do 21 de marzo), pola que se outorga novo destino definitivo a funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, María Garrido Porto, debe considerarse destinada no IES Ramón Menéndez Pidal, A Coruña.

Quinto.-Os profesores que exercendo o dereito de retorno, obtivesen destino na praza que posuían con anterioridade ó proceso de adscrición regulado pola Orde do 1 de outubro de 1998, para efectos de determina-la antigüidade ininterrompida na praza, nos futuros concursos de traslados, acumularán ós anos de servicio que presten na praza os desempeñados anteriormente nela e os prestados no centro de adscrición.

Sexto.-Os profesores que obteñan destino desde a situación de suprimido ou desprazado ou exercendo o dereito de retorno, faráselle constar esta circunstancia na dilixencia de toma de posesión.

Sétimo.-Os profesores participantes neste concurso de traslados que presentasen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no servicio de profesorado de ensinanzas secundaria e especiais desta consellería (San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de transcorridos dous meses desde a publicación desta orde.

Oitavo.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO IX

EXCLUÍDOS CONCURSO TRASLADOS 2000/2001

Apelidos e nomeDNICausa de exclusión

Abuin Vázquez, Ricardo33.852.632Non levar dous anos no destino definitivo

Barreiro Malvido, José52.491.077Non pode concursar a FOL

Besteiro Ventura, Luis33.819.500Fóra de prazo

Clavo Rivera, Patricia36.040.871Fóra de prazo

De Pablo Anaya, Mª Encarnación32.366.021Por non estar desprazada

Díaz Faraldo, Ana María09.763.744Fóra de prazo

Domínguez Román, Luz María34.934.124Non pode concursar a psicoloxía

Doval Vales, Gerardo32.442.293Fóra de prazo

Feijoo Santos, María Jesús34.932.367Fóra de prazo

Fernández Neira, Jesús33.828.830Fóra de prazo

Fernández Valencia, María Nuria34.966.839Non leva dous anos no destino definitivo

Apelidos e nomeDNICausa de exclusión

Garrido Rodríguez, Manuel Felipe34.921.694Fóra de prazo

González Gómez, Ánxeles34.913.686Fóra de prazo

Iglesias Araújo, Bieito34.918.572Fóra de prazo

López Lamelas, Eladio José35.218.019Fóra de prazo e non reúne os requisitos

López-Font Márquez, María Luisa23.679.343Titulación inadecuada

Macías Fernández, Clemente34.584.850Non leva dous anos no destino definitivo como PES

Nores Maquieira, Dolores C.35.232.160Non leva dous anos no destino definitivo

Noya Rial, Juan Carlos76.339.069Non pode concursar a tecnoloxía

Pascual Hermida, Gustavo36.091.128Non levar dous anos no destino definitivo

Pérez Mestre, Juan Carlos44.758.496Non levar dous anos no destino definitivo

Rey Rodríguez, José Ramón36.087.000Fóra de prazo

Rodríguez Porca, Pedro Luis32.425.987Non levar dous anos no destino definitivo

Vaquero Pinto, María Luz11.374.437Fóra de prazo