Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,
DISPÓN:
Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2001.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: Ourense.
Concello: Bande.
Localidade: Bande.
Código do centro: 32016340.
Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Bande.
Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Aquis Querquernis.