1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Arteixo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Obras e Servicios, Contratación e Bens.
c) Número de expediente: 3/2001.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: abastecemento a Monteagudo.
b) Lugar de execución: Monteagudo-Arteixo.
c) Prazo de execución: 6 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe total: 22.645.428 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 2% tipo licitación.
Definitiva: 4% prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Arteixo.
b) Enderezo: Alcalde Ramón Dopico, nº 1.
c) Localidade e código postal: Arteixo, 15142.
d) Teléfono: 981 60 00 09.
e) Telefax: 981 60 25 28.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día que se sinale como último para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: dentro dos vinteseis días naturais seguintes á última publicación do presente anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar:
1. Sobre A, subtitulado Documentación, conterá a documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas que rexe para o presente contrato.
2. Sobre B subtitulado Oferta económica e referencias técnicas.
Conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura como anexo II ó prego de cláusulas administrativas que rexe para o presente contrato.
Así mesmo, conterá as referencias técnicas esixidas na cláusula 12.2 do devandito prego.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: no Rexistro Xeral de Documentos do Concello de Arteixo, en horario de 9 a 14 horas, en días hábiles, ou por calquera dos medios que se establecen no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2ª Enderezo: praza Alcalde Ramón Dopico, nº 1.
3ª Localidade e código postal: 15142 Arteixo.
d) Prazo durante o que o licitador terá obriga de mante-la súa oferta: ata o total cumprimento do contrato.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Arteixo, edificio servicios múltiples.
b) Enderezo: trav. de Arteixo, 249-2º.
c) Localidade: Arteixo (A Coruña).
d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó que se sinale como último para a presentación de ofertas, agás sábados.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
Os licitadores deberán xustifica-la solvencia económica e financeira por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 do TR.LCAP e a solvencia técnica mediante a relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución para as máis importantes.
11. Gastos de anuncios.
O adxudicatario terá a obriga de pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación ou diarios e boletíns oficiais.
Arteixo, 27 de abril de 2001.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente alcalde