Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público, das obras de ampliación do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto do contrato:

a) Designación das obras que se van contratar: obras de ampliación do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán.

b) Lugar de localización das obras: Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán.

c) Prazo de execución: sete meses contados a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: corenta e seis millóns trescentas cincuenta e seis mil oitocentas setenta e nove pesetas (46.356.879 pesetas/278.610,45 euros).

5. Garantía provisional:

2% do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura-Centro de Control da Calidade do Medio Mariño.

b) Domicilio: Peirao de Vilaxoán, s/n.

c) Localidade e código postal: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 36611.

d) Teléfono: 986 51 23 20/22.

e) Telefax: 986 51 23 00.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=372.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781, ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2001.

P.D. (Resolución 4-8-1999)

Juan M. Rodríguez Rodríguez

Subdirector xeral de Recursos Mariños