Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-02937-O-2000 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, e poden interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa

resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións (firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo) e, de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Para que conste, sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 2 de maio de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-02937-O-2000

LE-2130-AC

G.C. de Tráfico

Obras Camiones y Pavimentos, S.L.

Avda. Astorga, 9

24400 Ponferrada (León)

Realizar un servicio público de mercadorías, con tarxeta de transportes de servicio privado complementario (caducada o 30-11-1999). Transporta pedra de canteira. Realiza o dito transporte para Transportes la Estrella. Mostra distintivos MPC-N

9-10-2000; 17.30; N-120; 440

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.

Precintaxe do vehículo

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00139-O-2001

PO-1583-AJ

G.C. de Tráfico

Cesáreo Rey López

Piñeiro, s/n 36579 Silleda (Pontevedra)

Circular co vehículo indicado transportando 27.830 kg de soia desde A Coruña á fábrica penso Silleda, carecendo da correspondente tarxeta de transporte.

26-10-2000; 9.15; N-525; 337,500

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.

Precintaxe do vehículo