Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.586

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 4 de abril de 2001, da Dependencia de Recadación de Madrid, de notificación de providencia de constrinximento.

En virtude do disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada a esta polo artigo 28 da Lei de medidas fiscais, administrativas e da orde social, Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), e intentándose a notificación por dúas veces sen que se puidese practicar por causas non imputables á Administración tributaria, polo presente anuncio cítase os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou representantes que se relacionan no anexo adxunto, para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que nel se inclúen.

Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificados no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da súa publicación no boletín oficial correspondente, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinalan (ver táboa anexo I).

Cando, transcorrido o dito prazo, non tivesen comparecido, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

ANEXO I

Órgano responsable e lugar de comparecencia

28005, admón. Alcalá de Henares, r/ Navarro y Ledesma, 4, 28807 Alcalá de Henares.

28006, admón. Alcobendas, r/ Ruperto Chapí, 30, 28100 Alcobendas.

28054, admón. O Escorial, pz. Segovia, 1, 28280 El Escorial.

28115, admón. Pozuelo de Alarcón, CM. Valdenigriales, 4, 28223 Pozuelo de Alarcón.

28148, admón. Torrejón de Ardoz, estr. Loeches c/v Alcuñeza, 58, 28850 Torrejón de Ardoz.

28607, admón. Hortaleza-Barajas, r/ Torquemada, 2, 28043 Madrid.

28614, admón. Puente de Vallecas, r/ Manuel Arranz, c/v Cuelgamuros, 20, 28038 Madrid.

28622, Dependencia de Recadación, r/ Guzmán El Bueno, 139, 28003 Madrid.

Madrid, 4 de abril de 2001.

Juan Beceiro Mosquera

Delegado especial da Axencia Estatal

de Administración Tributaria

Órgano (1)

Suxeito pasivoNIF/CIFNº exp.ProcedementoLugarUnidade

Banco Mapfre, S.A.A-33.001.215C1100000150163860Constrinximento2862228852
Giráldez Núñez, José Ramón76.982.527-DC1100000540149104Constrinximento28616Recadación