Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

ANUNCIO do 10 de maio de 2001 de adxudicación da contratación dos traballos de consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico orzamentario do ano 2000 no ente público Portos de Galicia, polo procedemento de concurso público aberto e trámite ordinario.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia, praza de Europa, nº 5-A, 6º B, Ed. Área Central, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC.-AX-ASIST-01/2001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: contratación dos traballos de consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico orzamentario do ano 2000 no ente público Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 44, do 2 de marzo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 2.900.000 pesetas (IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 20 de abril de 2001.

b) Adxudicatario: Price Waterhouse Coopers Auditorers, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 2.850.000 pesetas (IVE incluído).

6. En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, notifícase, advertíndose de que esta resolución pon fín á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Non obstante, poderá optarse por interpoñer contra esta resolución recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/ 1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia