Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de proxecto e execución con procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra que se cita. (Clave OH.315.493).

a) Obra.

1. Renovación do bombeo e adecuación da EDAR de Neda. (Neda-A Coruña).

Clave: OH.315.493.

Orzamento máximo: setenta e catro millóns cento noventa e tres mil seiscentas dúas pesetas (74.193.602 pesetas, equivalente a 445.912,529 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda,

praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do dez (10) de xullo de 2001.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación de dúas variantes en relación co obxecto do contrato para cada unha das obras indicadas na letra a) deste anuncio (ver punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vintetrés (23) de xullo de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia