Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncian as licitacións, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación das obras de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU das Pontes de García Rodríguez e Cedeira (A Coruña) e adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Moaña (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto:

-Obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU das Pontes de García Rodríguez e Cedeira (A Coruña).

-Obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Moaña (Pontevedra).

2.2. Prazo de execución:

16 semanas para o vertedoiro das Pontes de García Rodríguez e Cedeira (A Coruña) e 8 meses para o vertedoiro de Moaña (Pontevedra).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oitenta e cinco millóns seiscentas setenta e oito mil catrocentas setenta e seis (85.678.476) pesetas, IVE incluído (514.938,01 euros) para o vertedoiro das Pontes de García Rodríguez e Cedeira e cento noventa e oito millóns oitocentas setenta e dúas mil novecentas vintedúas (198.872.922) pesetas, IVE incluído (1.195.250,33 euros) para o vertedoiro de Moaña.

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: un millón setecentas trece mil cincocentas setenta (1.713.570) pesetas (10.298,76 euros), para o vertedoiro das Pontes de García Rodríguez e Cedeira, e tres millóns novecentas setenta e sete mil catrocentas cincuenta e oito (3.977.458) pesetas (23.905,01 euros), para o vertedoiro de Moaña.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: tres millóns catrocentas vintesete mil cento trinta e nove (3.427.139) pesetas (20.597,52 euros), para o vertedoiro das Pontes de García Rodríguez e Cedeira, e sete millóns novecentas cincuenta e catro mil novecentas dezasete mil (7.954.917) pesetas (47.810,01 euros), para o vertedoiro de Moaña.

7. Clasificación:

Grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría C (para o vertedoiro das Pontes de García Rodríguez e Cedeira).

Grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría E (para o vertedoiro de Moaña).

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38), e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=439 (vertedoiro das Pontes de García Rodríguez e Cedeira) www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=440 (vertedoiro de Moaña).

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9.4. No suposto de que se concorra ós dous concursos, a documentación xeral presentada para un deles producirá efecto no outro, facendo constar no sobre A, ademais da fianza provisional e a clasificación esixida, referencia dos concursos ós que presentan ofertas.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería

de Medio Ambiente