Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 164/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de ins

talacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. D.C. aéreo-subterráneo presa-Tambre II.

Situación: Brión, Negreira, Outes e Noia.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, en dobre circuíto, de 20 kV, sobre

apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-180 de 5.989 m de lonxitude, coa orixe en apoio proxectado en inmediacións de presa Tambre e final en apoio inmediacións de central Tambre I, seguido de tramo subterráneo baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 2(3x240) mm Al, de 1.850 m de lonxitude e final en cela de central Tambre II. Concello de Brión, Negreira, Outes e Noia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña