Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación de subministracións incluídas na anualidade 2001 do POL 2000-2006. (Expediente 1/4083 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministracións incluídas na anualidade 2001 do POL 2000-2006.

Lugar de entrega: municipios da provincia da Coruña.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento:

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º-15003 A Coruña. Telf.: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 30 de maio de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

MunicipioCódigoDenominaciónOrzamento pesetasOrzamento euros

Cee01.2300.0037.0Adquisición vehículo recolla lixo17.400.000104.576,11

Coristanco01.2300.0039.0Camión lixo 18 toneladas18.212.000109.456,32

Mancomunidade Val do Ulla01.2300.0052.1Recolla de residuos: equipo para lavado de contedores16.233.85297.567,42

Mancomunidade Val do Ulla01.2300.0052.2Recolla de residuos: autobastidor adecuado a equipo de lavado7.888.00047.407,83

Mancomunidade Val do Ulla01.2300.0052.3Recolla de residuos: equipo recolector compactador de lixo10.881.26465.397,71

Mancomunidade Val do Ulla01.2300.0052.4Recolla de residuos: autobastidor adecuado a recolector compactador9.338.00056.122,51

Total subministracións anualidade 2001 do POL 2000-2006 ptas./euros79.853.116480.527,9