En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución de inicio do expediente sancionador 6/2001, incoado por infracción ó R.D. 1437/1992, do 27 de novembro, que fixa as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura, modificado polo R.D. 1840/1997, do 5 de decembro. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (avda. de Zamora, nº 13), a fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do
procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
1. Expediente sancionador 6/2001.
Denunciada: Delia Fernández Rodríguez.
DNI: 34.980.980
Último enderezo coñecido: rúa Sampaio, nº 18 de Ourense.
Ourense, 26 de abril de 2001.
Armando González López
Delegado provincial de Ourense