Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. A Mariña-concello de Alesón.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas:
Liñas eléctricas subterráneas de media tensión baixo tubo e conductor R.H.Z.1 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, na cidade da Coruña:
-De 10 m con orixe na liña O Ventorrillo-Damas e final na liña B. Exterior-L. Rivas.
-De 30 m con orixe na futura subestación baterías e final no C.T. baterías.
-De 20 m con orixe na futura subestación baterías e final na subestación baterías.
-De 50 m con orixe no C.T. deputación e final no C.T. paseos.
-De 75 m con orixe no C.T. A Mariña e final na liña Damas-San Nicolás.
-De 190 m con orixe na liña Damas-San Nicolás e final no C.T. concello.
-De 190 m con orixe no C.T. concello e final no C.T. Alameda. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 26 de abril de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña