Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 118/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. circunvalación-garaxe.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: modificado I ó proxecto de liña eléctrica circunvalación-garaxe, no concello da Coruña, consistente en:

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 272 m de lonxitude, con orixe no C.T. circunvalación Elviña e final no C.T. Garaxe UV3 Elviña. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Mone

los, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña