Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.496

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 22 de maio de 2001 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de vintenove postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para os postos se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultaren seleccionados para ocupa-los postos de traballo funcionarios con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no R.D. 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario. Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que

deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xanei

ro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO I

Código do posto

N.

C. espec.

Grupo

Corpo

Denominación do posto

Dependencia

Localidade

Titulación

académica/

Formación

específica

AGC020000115770001302410548AXeralSbdtor./a X. de Xestión e Coordinac.Secretaría xeralSantiago de C.----/523

AGC020000115770071251240728ABCXeralX. Xecc. de Réxime RetributivoSecretaría xeralSantiago de C.---

AGC02000001577000118567192CDXeralSecretario/a secretario xeralSecretaría xeralSantiago de C.----/001

AGC020000015770050281772460AXeralXefe/a Serv. Téc. XurídicoSecretaría xeralSantiago de C.2062/---

AGC030000115770001302410548AXeral/Esp.Sbdtor./a Xeral de Estructuras RuraisDirección Xeral de Desenvolvemento RuralSantiago de C.----/523

AGC030000115770055281772460AEspecialX. Serv. de Supervisión de ProxectosDirección Xeral de Desenvolvemento RuralSantiago de C.2003/---

AGC040000215770001302410548AEspecialSbdtor./a Xeral de Sanidad. VexetalDirección Xeral de Producción AgropecuariaSantiago de C.----/523

AGC040000215770023281772460ABEspecialX. Serv. de Producc. VexetalDirección Xeral de Producción AgropecuariaSantiago de C.---

AGC05000001577000218567192CDXeralSecretario/a do director xeralDirección Xeral de Industrias e AlimentaciónSantiago de C.----/001

AGC050000115770025281772460ABEspecialX. Serv. de Fomento AsociativoDirección Xeral de Industrias e AlimentaciónSantiago de C.---

AGC050000215770001302410548AEspecialSubdtor. X. de Comercializac. Agroal.Dirección Xeral de Industrias e AlimentaciónSantiago de C.----/523

AGC050000215770010281772460ABEspecialX. Serv. de Promoción AgroalimentariaDirección Xeral de Industrias e AlimentaciónSantiago de C.---

AGC991040115001001281488876ABEspecialX. Serv. de Sanid. e Produc. AnimalDelegación Provincial (A Coruña)A Coruña---

AGC992040115560001261417992AEspecialX. Área dos Servicios VeterinariosServ. Sanidade e Produc. Animal (área Noia)Noia2037/---

AGC991050115001002281488876ABEspecialX. Serv. de Sanida. e Produc. VexetalDelegación Provincial (A Coruña)A Coruña---

AGC992020127060001261417992ABXeral/Esp.Xefe de áreaServ. de Ext. e Capacitac. Agraria (área Becerreá)Becerreá---

AGC992040127001001261417992AEspecialXefe de área dos servicios veterinariosServ. de Sanidade e Produc. Animal (área Lugo)Lugo2037/---

AGC992040127300001261417992AEspecialXefe de área dos servicios veterinariosServ. de Sanid. e Prod. Animal (área de Monforte de Lemos)Monforte de L.2037/---

AGC992040127640001261417992AEspecialXefe de área dos servicios veterinariosServ. de Sanidade e Produc. Animal (área de Vilalba)Vilalba2037/---

AGC992020132001001261417992ABXeral/Esp.Xefe de áreaServ. de Ext. e Capacit. Agraria (área de Ourense)Ourense---

AGC991040132001001281488876ABEspecialX. Servicio de Sanidad. e Producc. AnimalDelegación Provincial (Ourense)Ourense---

AGC992040132090001261417992AEspecialX. área dos servicios veterinariosServ. de Sanidade e Produc. Animal (área do Barco-A P. Trives)A P. de Trives2037/---

AGC991040136001001281488876ABEspecialX. Serv. de Sanid. e Produc. AnimalDelegación Provincial (Pontevedra)Pontevedra---

AGC992040136240001261417992AEspecialX. área dos servicios veterinariosServ. de Sanidade e Produc. Animal (área de Lalín)Lalín2037/---

AGC991050127001002281488876ABEspecialX. Serv. de Sanid. e Produc. VexetalDelegación Provincial (Lugo)Lugo---

AGC991050132001002281488876ABEspecialX. Serv. de Sanid. e Produc. VexetalDelegación Provincial (Ourense)Ourense---

AGC991050136001005281488876ABEspecialX. Serv. de Sanid. e Produc. VexetalDelegación Provincial (Pontevedra)Pontevedra---

AGC994030127500001261417992ABXeral/Esp.Dtor. Centro de CapacitaciónCentro Capacitación Agraria Pedro Murias (Vilaframil)Vilaframil---

AGA991000027001001281488876ABEspecialX. servicio provincialServicio Provincial de Lugo (Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia)Lugo---