Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se conceden as subvencións para publicacións periódicas convocadas no anexo VII á Orde do 1 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 1 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas de bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria, prevé, no seu anexo VII a concesión de subvencións para publicacións periódicas de carácter científico.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro) da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 12 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de maio), esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a continuación se relacionan para as publicacións que se sinalan e na contía que se indica en cada caso:

Servicio de Publicacións da Universidade da Coruña:

-Anuario da Facultade de Dereito: 750.000.

-Cadernos-Laboratorio Xeolóxico de Laxe: 790.000.

-Lenguaje y Textos: 340.000.

-Revista de Lexicografía: 505.000.

-Revista Galega de Filoloxía: 210.000.

-Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía: 400.000.

-Sociológica: 225.000.

Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.

-Agora Papeis de Filosofía: 505.000.

-Boletín Galego de Literatura: 675.000.

-Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela: 620.000.

-Nacc. Nova Acta Científica Compostelana: 395.000.

-Obradoiro de Historia Moderna: 400.000.

-Moenia: Revista Lucense de Lingüística y Literatura: 565.000.

-Innovación Educativa: 450.000.

-Revista Galega de Economía: 730.000.

-Semata: Ciencias Sociais e Humanidades: 635.000.

-Verba: Anuario Galego de Filoloxía: 785.000.

-Adaxe: Revista de Estudos e Experiencias Educativas: 340.000.

-Rips: Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas: 390.000.

Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo.

-Babel-Afial: 225.000.

-Sarmiento: Anuario Galego de Historia da Educación: 565.000.

-Minius: 300.000.

-Cooperativismo e Economía Social: 280.000.

-Thalassas: 440.000.

-Hesperia-Anuario de Filología Hispánica: 280.000.

-Estudios de Sociolingüística: 200.000.

Grupo de Investigación de Bioética de Galicia.

-Cadernos de Bioética: 250.000.

Grupo Marcelo Macías.

-Boletín Auriense: 350.000.

Grupo Micolóxico Galego.

-Mikes: 300.000.

Centro de Innovación e Servicios de Galicia (CIS-Ferrol).

-Sala de Cad: 150.000.

-Tecnodisma: 150.000.

Colexio de Psicólogos de Galicia.

-Cadernos de Psicoloxía: 150.000.

Asociación Defensa Ecolóxica Galega (Adega).

-Adega Cadernos: 100.000.

Sociedade Iberoamericana Estudios Utilitaristas (SIEU).

-Revista Iberoamericana de Estudiso Utilitaristas: 250.000.

Sociedad Española de Estudios de Literatura y Cultura Popular.

-Revista Garoza: 150.000.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no punto primeiro desta resolución e que foron admitidas para participar neste concurso debe entenderse que quedan denegadas por non acadaren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-De acordo co establecido no punto 4º das bases da convocatoria, previamente ó pagamento e, en todo caso, antes do 30 de setembro de 2001, os beneficiarios deberán remitir un exemplar da correspondente publicación na que conste a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2001.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e

Desenvolvemento