Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, do 8 de maio do 2001, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono situado na Tapia, O Temple-Cambre, presentado por José Luis Aler Díaz, en representación de herdeiros de Alberto Aler, e elaborado polo arquitecto José Ramón Díaz Barbeito.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 25 de maio de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde