Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Fírveda, no concello da Lama (provincia de Pontevedra), por parte de Videcón Proyectos, Obras y Extracciones, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria y Comercio en Pontevedra, fai saber que Videcón Proyectos Obras y Extracciones, S.L., con domicilio en r/ García Barbón, 13, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 20-12-2000, instancia-solicitude de permiso de investigación Fírveda de 16 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal A Lama, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2930, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 22' 40''42º 26' 40''

Vértice 28º 21' 20''42º 26' 40''

Vértice 38º 21' 20''42º 25' 20''

Vértice 48º 22' 40''42º 25' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación

provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 19 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra