Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 121/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. urbanización Cordeda.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo con conductor R.H.V. 12/20 kV de 2(3x240) mm Al, de 4.095 m de lonxitude, entroncando por unha parte na liña que alimenta os CC.TT. avda. Vilaboa e avda. Vilaboa nº 160 e por outra na liña subestación San Marcos-urbanización antiga CROS no C.T. nº 3 e percorrendo os 9 CC.TT. da urbanización Cordeda en Vilaboa.

9 Centros de transformación tipo caseta prefabricada de formigón en tensións de 15/0,380-0,220 kV, dos cales os números 2, 4 e 7 son de 400 kVA e os números 3, 5, 6, 8 e 9 son de 630 kVA, en urbanización Cordeda de Vilaboa. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña