Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa
ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Rúa dos Cabalos.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 1.210 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Romaño e final nel unha vez que entre e saia do C.T. Rúa dos Cabalos que se vai instalar.
Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Rúa dos Cabalos. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 24 de abril de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña