En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.
c) Nº de expediente: anticipado de gasto 1/2000.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: asistencia técnica.
b) Descrición do obxecto: realización do traballo de informes técnicos sobre a execución das actuacións subvencionadas polo Fondo de Cooperación coas Entidades Locais para o 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e como expediente anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 9.675.210 pesetas, 58.149,18 euros, IVE incluído.
5. Adxudicación.
a) Data: 16 de abril de 2001.
b) Contratista: LKSCINYMA.
c) Nacionalidade: española.
Importe de adxudicación: 7.700.000 pesetas, 46.277,93 euros, IVE incluído.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2001.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da
Consellería de Economía e Facenda