Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.420

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COOPERATIVA PROFESIONAL DE CONDUCTORES, S.C.L.

ANUNCIO.

Manuel Bugallo Fernández, provisto do DNI nº 34.604.982, na súa condición de secretario da Cooperativa Profesional de Conductores, S.C.L., certifica que na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 2 de maio de 2001, se adoptou entre outros, o seguinte acordo:

4. Modificación, de se-lo caso, dos estatutos, consistente na introducción no artigo 2 do seguinte epígrafe:

f) Explotar na concesión dos locais comerciais de Cidade Universitaria, S.A., unha autoescola para a obtención de tódolos permisos de conducir.

Sometido por votación, acórdase por unanimidade modifica-los estatutos, coa introducción no artigo 2 dun novo epígrafe, de forma que o referido artigo queda redactado na forma que a seguir se expresa:

Artigo 2. Obxecto

Esta sociedade cooperativa ten por obxecto a prestación de servicios e a realización de operacións encamiñadas ó melloramento económico e técnico

de escolas particulares de conductores de vehículos de motor, incorporados como socios.

Para o cumprimento deste obxecto, a sociedade poderá desenvolver, entre outras, as seguintes actividades:

a) Realiza-la actividade de ensino para a formación de aspirantes á obtención de permiso de conducción das categorías C1, C2, D e E ou das súas equivalentes, que serán captados pola propia cooperativa ou polos socios desta.

b) Adquirir, reparar e manter vehículos, maquinaria, instalacións, instrumentos, en concreto, pistas e aula e calquera outro elemento necesario e conveniente para o desenvolvemento da súa actividade de formación e das explotacións dos seus socios.

c) Exercer actividades auxiliares ou complementarias das dos socios, así como realizar operacións preliminares que favorezan a actividade de ensino para a formación de aspirantes á obtención do permiso de conducción.

d) Distribuí-los servicios procedentes da cooperativa e da actividade das explotacións dos socios.

e) En xeral, calquera outra actividade que sexa necesaria ou conveniente ou que facilite o melloramento económico, técnico ou laboral das explotacións dos socios.

f) Explotar na concesión dos locais comerciais de Cidade Universitaria, S.A., unha autoescola para a obtención de tódolos permisos de conducir.

Para que conste publicado no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este anuncio en Vigo o 4 de maio de 2001.

Visto e Prace

César Ojea Pérez

Presidente

O secretario

Rubricado