Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da ALG, anúnciase a contratación por concurso urxente para o sanemamento de Caldelas de Tui, Baldráns e outros.

Prezo de licitación: 14.022.656 pesetas.

As proposicións presentaranse nas oficinas deste concello no prazo de trece días naturais, das 9 ás 14 horas, a partir da última publicación do correspondente edicto no BOP e DOG, podéndose examinar nelas o prego e demais condicións do referido concurso.

Tui, 23 de maio de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde