Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 26 de abril de 2001, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual da ordenanza de solo non urbanizable de protección paisaxística no ámbito do espacio natural deste concello.

O que se fai público significando que, contra o acordo citado, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo

de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

O Grove, 2 de maio de 2001.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde