Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 10 de maio de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a fixación de novas aliñacións e rasantes e ordenación de volume dun predio sito en Gandarío, parroquia de Ouces, promovido por Miguel Roa López e José Pérez Casal.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén se poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118, todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Bergondo, 18 de maio de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente