Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros Ansuíña.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros Ansuíña, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: dedicarse á actividade propia do obxecto social.

Asinan a acta de constitución: Vicente Valle Baulde e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 3 de maio de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra