Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 26 de abril de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 1998/001508-1 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99 do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación

deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableca, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 1998/001508-1.

Denunciado: José Antonio Maestre González.

DNI: 32.684.737.

Enderezo: pza. Canido, 5-3º D Ferrol.

Precepto infrinxido:

Sanción: 25.001 pesetas/150,26 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

Nº de expediente: PESAN1 1999/000342-1.

Denunciado: Jose Antonio López Sánchez.

DNI: 76.350.229.

Enderezo: Villa Negreira 70-1º Carballo.

Precepto infrinxido: 6.10º.

Sanción: 25.001 pesetas/150,26 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución contra a que se recorre.

Nº de expediente: PESAN1 1999/002059-1.

Denunciado: Pablo Fernández Triñanes.

DNI: 52458171.

Enderezo: Cabo de Cruz-Boiro.

Precepto infrinxido: 6.10.

Sanción: 25001 pesetas/150.26 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución contra a que se recorren.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 311.000.174/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña, título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

A Coruña, 26 de abril de 2001.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña