Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/111-2, 5155 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío L.M.T. en avda. Monforte (Chantada).

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. convento entre os apoios número 1 e 2 de 12 m a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. L.M.T. subterránea ó C.T. convento entre os apoios número 2 e 3 de 86 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de abril de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo