Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 137/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Xiao (Toques).

Liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56:

-De 2.491 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Vilouriz (expeidente 34974) e final no C.T. San Xiao, que se vai instalar.

-De 417 m de lonxitude, con orixe na liña que alimentará o C.T. San Xiao e final en C.T. Mangoeiro, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en San Xiao e Mangeiro, dos que parten redes

de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 605 m e 10 m de lonxitude, respectivamente, que se conectarán a redes existentes. No termo municipal de Toques.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados; publicáronse no DOG do 7 de agosto, no BOP do 24 de xullo, no xornal La Voz de Galicia do día 19-7-2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Toques; ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e o artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública destes, que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 18 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña