Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da realización dos informes técnicos previstos no punto 1.3. do artigo 14 do Decreto 215/2000, do 13 de setembro, da provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: anticipado de gasto 1/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: realización do traballo de informes técnicos sobre a execución das actuacións subvencionadas polo Fondo de Cooperación coas Entidades Locais para o 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e como expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.726.436 pesetas, 106.538,03 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 16 de abril de 2001.

b) Contratista: Cegsa, Ingeniería, S.L.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: 13.950.705 pesetas, 83.845,43 euros, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da

Consellería de Economía e Facenda