Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público aberto, da asistencia para a realización dunha campaña institucional en prensa e radio, con motivo do Día de Galicia.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública, por proposta da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, convoca o seguinte concurso público aberto, conforme o dis

posto na Lei de contratos das administracións públicas e demais lexislación concordante.

Obxecto do contrato:

Realización dun orixinal de prensa en formato DIN A-3 e DIN A-4 e dunha cuña de radio para empregar na realización dunha campaña institucional en prensa e radio con motivo do Día de Galicia, tal e como se expresa no prego de bases.

O orzamento máximo para a realización do citado traballo, IVE incluído, será de 7.000.000 de pesetas (42.070,85 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 04.08.361A.640.0. Neste orzamento estarán incluídos os impostos e demais gastos inherentes a ela.

Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de licitación (140.000 pesetas).

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

-Clasificación e categoría: non se esixe.

Presentación de ofertas:

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en día inhábil, o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día seguinte hábil.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán as súas ofertas en tres sobres pechados (1, 2, e 3) e xuntaránselle-los documentos previstos no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: a documentación entregarase no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou no da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos (San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios admitidos polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, segundo o Real decreto 1528/1986, do 28 de novembro.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formalizarase conforme o modelo que se xunta como anexo I (modelo de proposición) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación na sala desta secretaría xeral, sita na Consellería da Presidencia e Administración Pública ás 13 horas do sexto día hábil seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Os documentos de interese para os licitadores, tanto o prego de cláusulas administrativas particulares como o de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de

presentación de proposicións nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, sita nas dependencias do Pazo de Raxoi ou no edificio administrativo de San Caetano. Teléfono de aclaracións: 981 54 12 05.

Anuncios:

O custo do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións

cos Medios Informativos