Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.391

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a modifica-la do 10 de maio de 2001, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados por Orde do 8 de marzo de 2001.

Ó resultar necesario facer algunha modificación na composición dos tribunais para permiti-la súa correcta constitución, a Dirección Xeral de Persoal resolve:

Primeiro.-Nomear a Agustín Budiño Rodríguez vocal titular do tribunal número 2 de tecnoloxía en lugar de Esther Fraga Rodríguez.

Segundo.-Nomear vocal titular do tribunal número 2 de música a Blanca Nieves Lorenzo Royo en lugar de Alfonso López Rábade.

Terceiro.-Nomear a Manuel Gómez Mouriz, presidente titular do tribunal de soldadura e a Antonio Valiño Doval, presidente suplente.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal