Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto urxente para a contratación de material de papelería impresa para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente anúnciase concurso público aberto para a contratación da subministración de material de papelería impresa para o Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Complexo administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 16 92, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 6/2001.

2. Obxecto do contrato: subministración do material de papelería impresa para o Igape; que comprende a totalidade dos elementos que seguidamente se relacionan, polo que tódalas ofertas deberán comprende-la totalidade dos artigos:

Unidades estimat.Descrición do producto

Imprenta papelería

Orzamento unitario máximoOrzamento máximo total

1250.000Cartas T/210x297 mm, papel verxurado branco 80 gr/m, impresas a 4 tintas (logo á esquerda)8,502.125.000

2200.000Cartas T/210x297 mm, papel verxurado branco 80 gr/m, impresas a 4 tintas (logo á dereita)8,501.700.000

3200.000Sobres T 110x220 mm, peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso a 127,50550.000

410.000Sobres T/110x220 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso a 1, con ventá18,00180.000

560.000Sobres T/190x250 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso en lapela a 1 tinta19,501.170.000

630.000Bolsas T/250x353 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso a 133,00990.000

715.000Bolsas T/260x360 mm, con peche autodex, anverso e reverso a 1 tinta, Kraft natural, fol 5 cm por tres lados115,001.750.000

810.000Tarxetas de visita T/90x55 mm, cart. verxurada de 220 gr/m, c/ branco a 4 tintas (1 logo)15,50155.000

910.000Tarxetas de visita T/90x55 mm, cart. verxurada de 220 gr/m c/ branco a 5 tintas (2 logos)22,00220.000

Unidades estimat.Descrición do producto

Imprenta papelería

Orzamento unitario máximoOrzamento máximo total

1020.000Carpetas T/320x460 mm pregadas, en cart. branca 224 gr/m, a 4 tintas23,50470.000

112.000Carpetas T/320x440 mm pregadas, en cart. estucada branca 240 gr/m, a 4 tintas, con ventá e troquel para grampas84,00168.000

121.000Cartolinas mate T/210x297 mm, 240 gr/m, impresas a 4 tintas96,0096.000

132.000Albarás correos (3 follas con autocopiativo)34,5069.000

142.000Cartolinas estucadas brillo T/210x297 mm, 240 gr/m, impresas a 4 tintas e con relevo40,0080.000
9.698.000

O contrato executarase de forma sucesiva segundo as necesidades do Igape, de conformidade co artigo 172.1º a) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de execución e vixencia: os prazos da execución serán os establecidos na oferta técnica do adxudicatario.

O contrato terá unha vixencia ata o 31-12-2002., non prorrogable.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 9.698.000 pesetas. (nove millóns seiscentas noventa e oito mil pesetas), imposto sobre o valor engadido (IVE) e gastos incluídos, coa desagregación de precios unitarios por cada elemento obxecto da contratación; non se admiten ofertas que superen tales cantidades individuais.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (193.960 pesetas).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina web: www.xunta.es/contratación.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado

ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela, en acto público, ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó da apertura da documentación administrativa e técnica procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidir en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó día hábil seguinte.

9. Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica