1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de construcción dun punto limpo en Viveiro (Lugo).
2.2. Prazo de execución: tres (3) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: vinteoito millóns novecentas sesenta e oito mil setecentas oitenta e oito (28.968.788) pesetas, IVE incluído (174.105,92 euros).
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: cincocentas setenta e nove mil trescentas setenta e seis (579.376) pesetas (3.482,12 euros).
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de licitación: un millón cento cincuenta e oito mil setecentas cincuenta e dúas (1.158.752) pesetas (6.964,24 euros).
7. Clasificación: grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría C.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Copistería Copynino, sita en Santiago de Compostela, rúa Xeneral Pardiñas nº 2 (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=423.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: nome do concurso.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación.
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente