De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
Expediente sancionador: Secretaría 177/2000 PRO.
Denunciado: Francisco Luis Pérez Escalante.
DNI/CIF: E-36179711.
Último domicilio coñecido: Ramón Cabanillas, 17. Santiago de Compostela.
Cualificación da infracción: grave.
Importe da sanción: cincocentas mil unha pesetas (500.001 pesetas).
A Coruña, 20 de marzo de 2001.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña