Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.341

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión das catro prazas de especialistas de laboratorio convocadas por Resolución do 19 de decembro de 2000 (Diairo Oficial de Galicia do 22 de xaneiro de 2001).

Rematado o prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de catro prazas de especialistas de laboratorio, convocadas por Resolución do 19 de decembro de 2000 (DOG do 22 de xaneiro de 2001), este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1 convócase os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposicion que dará comezo ás 10 horas do día 12 de xuño de 2001 na Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira, s/n) Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 10 de maio de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña