Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (185/1999).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 3 de novembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Rexeita-las alegacións formuladas por José Lorenzo Pato e Benito Rodríguez Pérez, de conformidade cos informes que constan no expediente.

2. Aprobar definitivamente o estudio de detalle na avenida de Bos Aires, número 244, por pedimento de Manuel Fernández Tesouro, en representación de Construcciones Hermanos Tesouro, S.A.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 17 de novembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente