Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: a contratación por este concello das obras que se citan, incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal (POS) 2001.

Denominación das obras: pavimentación rúas en San Fiz.

Tipo de licitación: 19.000.000 de pesetas.

Prazo execución: catro meses.

Denominación das obras: pavimentación rúas en Taboada, Queixeiro e Vilachá.

Tipo de licitación: 19.000.000 de pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

Garantía provisional: dispensada.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, no hoarario de 9 a 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de condicións e consonte o modelo de proposición anexo a el.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 14 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábado.

Anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Información: no Concello de Monfero. Teléfono 981 79 38 85.

Monfero, 25 de abril de 2001.

Andrés Feal Varela

Alcalde